lunes, julio 06, 2009

 
FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN PON EN MARCHA O “PROGRAMA DE FORMACIÓN DE AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRÍA” QUE SE LEVARÁ A CABO EN BOS AIRES
Santiago de Compostela - 26/06/2009 - Gabinete de Comunicación - Fundación Galicia Emigración

- Este proxecto está financiado polo Ministerio de Traballo e Inmigración e aposta pola formación, como o mellor xeito de inserción laboral para os mozos descendentes dos nosos emigrantes.

Ábrese o prazo de preinscrición para o Programa de formación de Auxiliar de Enfermería en Xeriatría, que a Fundación Galicia Emigración desenvolverá durante doce semanas entre os meses de xullo e outubro na cidades de Bos Aires.

Esta actividade, financiada polo Ministerio de Traballo e Inmigración a través da Dirección Xeral da Cidadanía Española no Exterior, ten por obxecto favorecer a inserción laboral de mulleres españolas residentes en Arxentina, no sector de atención ás persoas maiores, proporcionar una capacitación especializada como Auxiliar de Enfermería en Xeriatría, e facilitar y axudar en la planificación del retorno a las españolas residentes en el exterior, e está dirixido a mulleres maiores de 35 anos residentes na Arxentina.

Este Programa formativo é totalmente gratuíto e ten unha duración de 300 horas lectivas, que se distribúen en 110 horas de formación teórica, 180 de formación práctica en centros especializados de atención a persoas maiores e 10 horas destinadas a evaluación.

Entre os contidos desta actividade atopamos, entre outros, temas sobre introdución á Enfermería Xeriátrica; coidados básicos en xeriatría; atención especializada ao ancián discapacitado; intervención na atención psico-social; Comunicación e atención ao paciente; promoción do benestar e utilización do tempo libre e módulos Transversais en técnicas de busca de emprego, formación en Cultura Española e Políticas de Igualdade.

Na parte práctica, tratarase o manexo de estratexias de comunicación eficaz, a identificación das necesidades básicas do paciente, o coñecemento de medidas de seguridade preventivas, a terapia ocupacional, e técnicas asistenciais para o coidado de anciáns discapacitados.

Para máis información, www.fundaciongaliciaemigracion.es, a data límite para a recepción de solicitudes remata o día 20 de xullo de 2009.
Fuente:SICE

Comments: Publicar un comentario en la entrada



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?