lunes, julio 13, 2009

 
BECAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDIOS UNIVERSITARIOS E DE FORMACIÓN PROFESIONAL

- Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, pola que se establecen e se regulan os programas de becas destinados aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudios universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2008-2009.

- Programa 1: becas para a realización de estudios universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación ou prórroga).

- Programa 2: becas para a realización de estudios de terceiro ciclo (etapa de formación) e para a realización de ensinanzas conducentes á obtención do título de máster universitario en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación ou prórroga).

- Programa 3: becas para a realización de estudios de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

- Prazo de presentación ata o 1 de agosto de 2009.


AXUDAS E SUBVENCIÓNS A PROGRAMAS DE ACTUACIÓN A FAVOR DAS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

- O obxecto deste programa é a concesión de axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para o exercicio 2009.

- Programa 1: Axudas a entidades galegas no exterior para a prestación de servicios socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior e os seus descendente.
- Programa 2: Axudas para promover a realización de exposicións, conferencias, cursos de formación e actividades asociativas propias das entidades galegas no exterior.
- Programa 3: Axudas para a edición de libros, publicación de revistas e outras accións de carácter informativo.
- Programa 4: Axudas para a realización de proxectos promovidos pola xuventude.
- Programa 5: Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
- Programa 6: Axudas para a contratación de grupos musicais, de teatro e outras manifestacións culturais.
- Programa 7: Axudas para a subscrición a publicacións e revistas de carácter periódico.
- Programa 8: Axudas para a adaptación dos nomes e reforma dos estatutos das entidades galegas no exterior.


- Prazo de presentación ata o 24 de xullo de 2009.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

- O obxecto deste programa é a concesión de axudas ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2009.


- Programa A: Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións.
- Programa B: Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.
- Programa C: Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das blibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior.
- Programa D: Axudas para a restauración e catalogación do patrimonio artístico, bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior.


- Prazo de presentación ata o 22 de xullo de 2009.

MAYOR INFORMACIÓN EN:

- Páxina web: www.galiciaaberta.com

- Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires: 25 de Mayo 555 - Teléfono: (011) 4311 6373.

- Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo: Maldonado 1045 (esquina Río Negro) - Teléfono: 908 9517

Comments: Publicar un comentario en la entrada



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?